X

Augas salgadas e doces

Ola, son a Moura, a túa guía nas experiencias de augas salgadas e doces…

Desde outrora, e segundo a tradición da cultura celta en Galicia, é fundamental coñecer os usos e virtudes dos catro elementos: a auga, o lume, a terra e o aire.

Pensar en A Costa da Morte é pensar nas súas augas: desde as salgadas do Océano Atlántico ata as doces de grandes cursos fluviais como o Xallas e o Anllóns. Neste territorio de orografía singular, as rías e os ríos son escenarios de excepción para gozar da aventura practicando deportes náuticos e actividades de ocio.

Augas que nos proporcionan alimento, pero que tamén infunden respecto, pois poden castigar coa súa forza e dureza. O mar da Costa da Morte é famoso polos numerosos naufraxios acontecidos durante séculos de navegación marítima, algúns deles coñecidos no eido internacional. Como protección, decidimos iluminar algúns puntos da costa con faros e outros sinais marítimos, que historicamente nos teñen servido para comunicarnos de cabo a cabo e tamén para alumear o camiño ao viaxeiro.

A práctica de deportes como a vela, o mergullo ou o kaiak requiren un bo coñecemento da costa, do calado de cada zona e tamén das rochas e baixos próximos a terra. Na Costa da Morte poderás gozar do medio acuático de forma cómoda e segura grazas á profesionalidade das persoas que nos guían, grandes coñecedoras deste abrupto pero encantador territorio… Elixe a túa experiencia e convértete en aventureiro por un día da #CostadaMorte!

Consulta máis información neste PDF