X

Ola, son a Moura, a túa guía de experiencias para cabalgar as ondas…

Fluír con cada un dos elementos é vivir en liberdade. Podemos cabalgar as ondas e sentir a harmonía entre a nosa forza e a forza que exerce a auga? A resposta é si, sempre que sigamos a filosofía de vida que só o amante do surf coñece.

Esta disciplina deportiva foi pouco coñecida nestas terras ata a segunda metade do século XX, cando empezaron a celebrarse diversos campionatos, algúns deles con presenza de figuras internacionais. Se o que che gusta é buscar as mellores ondas, na actualidade A Costa da Morte segue a ofrecer unha gran variedade de opcións.

Así que, se queres experimentar as sensacións do stand-up paddle (SUP), o windsurf ou o kitesurf nas nosas costas, recoméndoche acudir a algún dos areais máis axeitados para a práctica destes deportes: as praias de Caión, Baldaio, Razo, Area Maior, Seaia, Soesto e Traba, así coma as do Trece, dos Muíños, Nemiña, a do Rostro, a de Mar de Fóra, a de Carnota e máis a de Lariño. En todas elas descubrirás a esencia do lugar, escondida nunha natureza salvaxe e abrupta.

Elixe a túa praia e vive o surf por un día na #CostadaMorte!

Consulta máis información neste PDF