X

Ola, son a Moura a túa guía nas experiencias por aire…

Na cultura celta sempre se dixo “cando non poidas ver… levanta o voo!” e tamén que “cando sintas que ese non é o teu lugar… voa!”. Porque se entende que a verdadeira liberdade reside en saber observar con outra mirada, desde outra perspectiva.

Terra, mar ou aire. A abrupta Costa da Morte ofrece grandes oportunidades para gozar deste máxico lugar desde calquera punto. Pero se o que queres é experimentar a verdadeira liberdade, recoméndoche as vistas desde o aire ou desde os nosos miradoiros.

Para o noso pobo, voar é un desexo presente desde outrora; agora faise realidade. Ti tes a oportunidade de vivir por un día o voo libre ou motorizado! Sempre de forma segura e deixándote aconsellar por profesionais, expertos coñecedores da meteoroloxía, o territorio e o manexo axeitado do material. Atréveste a descubrir, a vista de paxaro, esta Costa da Morte?

Recoméndoche non realizar ningunha práctica autónoma se nunca recibiches clases con profesionais que desenvolveran a actividade con garantías de seguridade.

Consulta máis información neste PDF