Que che vou contar destes camiños que fixeron fortes os nosos corpos a base de andar sempre expostos á intemperie? Convídote a percorrer a pé estes traxectos por pasos, congostras e vereas… Sendeiros só aptos para auténticos guerreiros dispostos a gozar da natureza.
Podes ir en silencio ou en soidade, coma un druída escoitando os teus propios pensamentos; ou ben conectar coa contorna en doce compaña, descubrindo vales, ribeiras fluviais e outras sorpresas que o camiño che pode deparar. Temos verdadeiros néctares dentro do noso patrimonio natural e cultural… Rutas de longo, medio ou curto percorrido con distintos niveis de dificultade que poderás escoller segundo as túas preferencias á hora de descubrir a auténtica Costa da Morte… #cheadevida
Aquí encontrarás información de rutas homologadas pola Federación Galega de Montañismo, de itinerarios para realizar por etapas e doutros sendeiros que hai nos concellos que integran o Xeodestino Costa da Morte. Elixe a túa experiencia e convértete en sendeirista por un día na #CostadaMorte!