Axenda
33º FIOT en Carballo
Desde o 26 de setembro e ata o 31 de outubro de 2024, celébrase en Carballo a 33ª edición do Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) baixo o lema “Agora é sempre”.
Destacados dramaturgos e directores participarán nesta edición do FIOT en Carballo. Cinco semanas de teatro en espazos de rúa e espazos non convencionais do municipio de Carballo (A Coruña), cun programa aberto a todos os públicos, formatos e sensibilidades.
XI Mes da Fundación Fernando Blanco
11ª edición do Mes da Fundanción Fernando Blanco. O mes de outubro é por excelencia o mes de Fernando Blanco de Lema en Cee, e a Fundación Fernando Blanco, organiza, coa colaboración do Concello de Cee, unha serie de actos, algúns deles dirixidos ao alumnado, e outros ao público en xeral.
Programación do Auditorio de Vimianzo
No auditorio da Casa da Cultura de Vimianzo, os sábados ás 20:30 horas e os domingos ás 18:30 horas.
Ciclo de cine Mestre Mateo en A Laracha
O Ciclo Mestre Mateo chega ao Concello da Laracha convertendo as instalacións culturais de referencia do municipio en salas de cine nas que a cidadanía poderá desfrutar dunha programación de calidade e de produción galega composta polas longametraxes, documentais e curtametraxes finalistas dos premios de referencia do audiovisual galego, os Mestre Mateo, do ano 2024.
XV Xornadas Micolóxicas en Carballo
A Concellaría de Medio Ambiente de Carballo e a Asociación Cultural Lumieira volven colaborar para seguir promovendo a cultura micolóxica entre a veciñanza con saídas ao monte, sesións de clasificación e catalogación, exposición, showcooking e degustación.
Muxía Cultura Outonal 2024
Actividades culturais no Concello de Muxía do 12 de outubro ao 30 de novembro do 2024.
Chuvia de Estrelas Oriónidas
A chuvia de meteoros ten lugar do 2 de outubro ao 7 de novembro, pero a mellor noite para fotografala é entre o 21 e o 22 de outubro. O pico é o 22 de outubro ás 05:45 UTC con 20 meteoros por hora.
Presentación do libro O Poeta da Terra, en Baio
O 26 de outubro ás 17 horas, presentarase no auditorio de Baio (Zas) a pequena autobiografía do poeta Enrique Labarta Pose "O Poeta da Terra".
O acto contará coa intervención de Jorge Mira Pérez, en calidade de presidente da Comisión Enrique Labarta Pose; Enrique Mauricio e Carlos Taboada, autores do libro; e Manuel Muíño, Alcalde de Zas. O acto estará guiado por Tania Carreira, técnica do Concello de Zas.