X

Maio de Letras en Dumbría

03/05/2024 - 04/06/2024

Dumbría

Maio de Letras en Dumbría

Actividades do Concello de Dumbría con motivo da celebración do Día das Letras Galegas:

3 de maio, contacontos con Duende Sico, que unirá as Letras e o Deporte.

4 de maio, ás 19 horas, o poeta Ismael Ramos, Premio Nacional de Poesía Xoven Miguel Hernández, outorgado polo Ministerio de Cultura e Deportes, entre outros moitos recoñecementos, visita a Fervenza do Ézaro.

9 de maio, Kalopsia: un planeta non tan diferente, unha sesión de contacontos e actividades, con intérprete de lingua de signos, da man de Europe Direct A Coruña. Con Kalopsia, a rapazada descubrirá Europa desde o espazo exterior.

14 de maio, o alumnado fará unha visita guiada á biblioteca do Conco e participará na actividade "E a ti...que che contaban?", con Vero Rilo, programada a través do Ler Conta Moito, da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.

Do 16 ao 19 de maio, viaxe ata terras de León e Zamora, con visitas guiadas a diferentes cidades, pobos e enclaves naturais.

4 de xuño, o alumnado do CEIP Plurilingüe Santa Eulalia de Dumbría participará nunha andaina convertida en roteiro literario, na que terán a oportunidade de coñecer un pouco mellor a figura do Vákner.

Volver atrás