Axenda
33º FIOT en Carballo
Desde o 26 de setembro e ata o 31 de outubro de 2024, celébrase en Carballo a 33ª edición do Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) baixo o lema “Agora é sempre”.
Destacados dramaturgos e directores participarán nesta edición do FIOT en Carballo. Cinco semanas de teatro en espazos de rúa e espazos non convencionais do municipio de Carballo (A Coruña), cun programa aberto a todos os públicos, formatos e sensibilidades.
XI Mes da Fundación Fernando Blanco
11ª edición do Mes da Fundanción Fernando Blanco. O mes de outubro é por excelencia o mes de Fernando Blanco de Lema en Cee, e a Fundación Fernando Blanco, organiza, coa colaboración do Concello de Cee, unha serie de actos, algúns deles dirixidos ao alumnado, e outros ao público en xeral.
Programación do Auditorio de Vimianzo
No auditorio da Casa da Cultura de Vimianzo, os sábados ás 20:30 horas e os domingos ás 18:30 horas.
Ciclo de cine Mestre Mateo en A Laracha
O Ciclo Mestre Mateo chega ao Concello da Laracha convertendo as instalacións culturais de referencia do municipio en salas de cine nas que a cidadanía poderá desfrutar dunha programación de calidade e de produción galega composta polas longametraxes, documentais e curtametraxes finalistas dos premios de referencia do audiovisual galego, os Mestre Mateo, do ano 2024.
Cometa C/2023 A3 Tsuchinshan-ATLAS, o cometa do século en Costa da Morte
O cometa máis brillante dos últimos anos achégase á Costa da Morte.
O cometa C/2023 A3 Tsuchinshan-ATLAS, máis coñecido como o "cometa do século", foi descuberto o 9 de xaneiro de 2023. Entre as noites do 12 e 13 de outubro, será visible no ceo nocturno, especialmente entre as 05:00 e 07:00 horas da mañá, mirando cara o oeste.
XV Xornadas Micolóxicas en Carballo
A Concellaría de Medio Ambiente de Carballo e a Asociación Cultural Lumieira volven colaborar para seguir promovendo a cultura micolóxica entre a veciñanza con saídas ao monte, sesións de clasificación e catalogación, exposición, showcooking e degustación.
Muxía Cultura Outonal 2024
Actividades culturais no Concello de Muxía do 12 de outubro ao 30 de novembro do 2024.
IX Carreira Pedestre Concello de Fisterra
Última carreira do circuito Correndo Pola Costa da Morte do ano 2024.
13 de outubro de 2024 ás 10:15,Diante da Lonxa, Fisterra (A Coruña)