Axenda
Iluminación da Fervenza do Ézaro, en Dumbría
Iluminación da fervenza do Ézaro durante os meses de verán os venres, sábadaos y vésperas de festivos.
Programación cultural e de ocio de verán en Carnota
O Concello de Carnota presenta o seu programa de actividades lúdicas, culturais e deportivas para este verán 2024.
Podes consultar o programa completo na seguinte ligazón: https://www.carnota.gal/2024/06/05/elementor-30568/
Verán 2024 en Malpica de Bergantiños
O Concello de Malpica de Bergantiños, xunto coas asociacións, presentou o seu amplo e variado programa de actividades para o verán 2024, deseñado para todas as idades e intereses. O programa inclúe actividades culturais, deportivas e de lecer que se desenvolverán ao longo dos meses de xullo e agosto, promovendo a participación cidadá e o goce do tempo libre.
Visitas guiadas por Corcubión
Durante os meses de xullo e agosto realizaranse visitas guiadas gratuitas no Concello de Corcubión. Estas visitas serán de dous tipos:
"UN PASEO POLA HISTORIA DE CORCUBIÓN" será un percorrido a través da historia da vila no que se farán paradas naqueles lugares e edificios máis destacados e que son testemuña do desenvolvemento que tivo Corcubión a partir do século XV.Punto de encontro: Oficina de Turismo de Corcubión (entrada do porto):Hora de inicio: 18:45h.Días de realización:* Xullo: 2, 3, 9, 11, 18, 19, 23, 24, e 31.* Agosto: 6, 13, 20 e 28.Duración aproximada: 1 hora 30 minutos.Percorrido: partindo do porto, camiñarase por algunhas das rúas do conxunto histórico e rematarase a visita guiada no exterior do Edificio José Carrera (Casa do Concello).
Exposición "Musas, Haberlas Haylas", de Diego Pérez Carpeño
Exposición de pinturas de Diego Pérez Carpeño na Casa da Cultura de Cee, desde o 2 ao 31 de xullo de 2024. Organizan: Concello de Cee e Ponteceso Cultura Permanente.
Programación Cultural e Deportiva de Verán de Laxe
O Concello de Laxe impulsa unha completa programación de actividades para todos os públicos para a presente tempada estival.
Por unha banda, o pasado 1 de xullo deu comezo a primeira quenda dos ‘Peque Campamentos’, que se estenderá ata o vindeiro día 12. A segunda está programada para o período comprendido entre o 15 e o 29 de xullo e a terceira do 31 de xullo ao 13 de agosto. A rapazada poderá gozar de diferentes actividades de luns a venres, como manualidades, xogos, excursións á praia e á piscina, etc.
Verán Cultural 2024 en Cabana de Bergantiños
Programa de actividades culturais do Concello de Cabana de Bergantiños para o verán 2024.
Verán 2024 en Zas
Este sábado arranca “Verán en Zas”; un completo programa de ocio e tempo libre deseñado polo Concello de Zas, a través do seus departamentos de Turismo, Cultura e Deportes, no que haberá actividades para toda a veciñanza e en distintas localización do noso municipio.