X

Castelo de Vimianzo

Sección en fase de construción. Todos aqueles interesados en formar parte desta guía comercial poden facelo dirixíndose vía enderezo electrónico a : costadamorte2016@gmail.com

Responsable de Comunicación Dixital.
Redes Sociais CMAT.

O Castelo de Vimianzo é un importante monumento musealizado. Trátase dunha fortaleza de orixe medieval en excepcional estado de conservación, onde ademáis de remontarnos no tempo e aprender da súa historia e pasado,podemos coñecer oficios tradicionais e admirar a súa Mostra de Artesanía en Vivo.

Na actualidade o Castelo de Vimianzo é un monumento vivo e dinámico onde se ofrece unha diversa oferta cultural durante todo o ano. Destacan as súas visitas teatralizadas e as visitas guiadas durante a tempada alta e para grupos durante todo o ano previa reserva.

  • De martes a domingo:
  • Tempada baixa (16 de setembro a 14 de xuño) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 19:00
  • Nadal, días 24 e 31 de decembro: en horario de mañá
  • Tempada alta - Semana Santa e Verán (15/06 a 15/09) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30
  • Tempada Baixa. 16 de setembro a 14 de xuño (excepto Semana Santa)
  • Tempada alta. 15/06 a 15/09 (ademáis de Semana Santa)

Castelo de Vimianzo