X

Hotel Mar de Fisterra


Hotel con vistas a praia de Langosteira en pleno Camiño de Fisterra, de paso obrigado por diante da porta do local.

 

Categoría: Hotel de 2 estrelas

Rango de prezos por persoa: 

tempada baixa:  60 euros / persoa. Almorzo incluido.

tempada alta:  85 euros / persoa. Almorzo incluido.

 

Suxestión gastronómica: 

Lasaña de lacón con grelos, pulpo a plancha con crema de cachelos e tallaríns a mariñeira (con mariscos) no seu restaurante A Fonte do Raposo.

 

Check-in a partir das 15h e check-out ata as 12h. Atención 24 horas en recepción. 

Accesibilidade de persoas con mobilidade reducida: Habitación adaptada

Fálase alemán, galego, castelán, francés e inglés.

Pódese practicar surf na contorna (Praia do Rostro, Mar de Fora) e sendeirisimo 

Se ves, non te podes perder: 

  • Visitar o faro e o solpor
  • Atardecer dende Mar de Fora
  • Paseo dende o hotel nunha punta de Praia de Langosteira ata o final
 

 

 

 

 

 


Hotel Mar de Fisterra