X

A CMAT obtén resultados cas campañas con bloggers

Este ano 2021, a CMAT (Costa da Morte Asociación Turística), entidade que xestiona a promoción do xeodestino Costa da Morte, realizou dúas campañas con bloggers profesionais de turismo ca colaboración da Deputación da Coruña. 

Estas dúas campañas realizáronse entre os meses de xullo e outubro de 2021, contando cunha campaña máis espaciada no tempo e outra de menor duración e moita repercusión durante esos días. Podemos falar de dúas campañas: 

#CostaDaMorteEnFamilia

Tivo lugar ao longo de catro fins de semana con catro familias que contan con blogs de viaxes e redes sociais como protagonistas. As familias foron distribuídas por todos os concellos de Costa da Morte e realizaron actividades de turismo activo combinadas con outras vinculadas á historia, gastronomía ou tradicións da zona. 

Cada familia realizou a promoción dos seus concellos asignados a través das redes sociais (durante e despois da viaxe) e dos seus blogs con publicación dun artículo (como mínimo) despois da viaxe. 

O obxectivo desta campaña é motivar ás familias, especialmente a familias galegas, a visitar os diferentes concellos de Costa da Morte cos seus fillos. Situar Costa da Morte coma un destino perfecto para viaxes familiares, con opcións de aloxamento e actividades apropiadas para diferentes idades. Ensinar a diversidade patrimonial, natural e cultural que conforman os diferentes concellos, e promocionar as empresas turísticas que forman parte da CMAT. 

#OCamiñoContinua

Tivo lugar do 12 ao 22 de setembro de 2021 con cinco bloggers especializados en viaxes coma protagonistas. Durante toda a viaxe participaron activamente, demostrando tanto os participantes como o público moito interese en todo o relacionado tanto co Camiño Fisterra-Muxía coma cos contidos doutros concellos de Costa da Morte.

Estos cinco bloggers participantes teñen cerca de 50.000 seguidores so en Instagram. Contando tamén con outras redes sociais como Twitter, Facebook, con máis de 46.000 seguidores, ou os seus propios blogs, onde xeneran máis de 50.000 visitas mensuais.

O obxectivo desta campaña é dar a coñecer ao público unha pequena parte de todo o que poden atopar en Costa da Morte, e ideas para facer o Camiño Fisterra-Muxía gozando de todo o que ofrece o destino. Entre todos xenérase contido de calidade nas redes sociais, transmitindo a mensaxe da campaña, mostrando Costa da Morte dunha maneira dinámica e positiva. 

Resultados 

Para ambas campañas levouse a cabo a creación de diseños específicos para a súa correcta difusión, así como publicacións en redes sociais tanto por parte dos bloggers como das contas da CMAT. Ademáis, tamén se levou a cabo a publicación en prensa de información relevante sobre as campañas e a celebración dun evento posterior á campaña #OCamiñoContinua. 

Durante estos meses (xullo - outubro de 2021) nos que se celebraron as campañas, os resultados foron positivos para as redes da CMAT:

  • En Instagram aumentáronse176 seguidores, aumentaron as impresións un 2.000% e as visitas ao perfil son de 1.913.
  • En Twitter aumentáronse 42 seguidores, o que é moi relevante xa que é a rede social onde máis custa conseguir novos. O alcance da conta nestes meses foi de casi 5.000.000 de personas, máis os case 3.000.000 aos que chegaron os bloggers supón un alcance de case 8.000.000 de usuarios. 
  • En Facebook aumentáronse 164 seguidores, aumentando as visitas á páxina tendo durante este periodo 980. 

Se queres consultar todos os datos das campañas, podes descargar o informe completo neste enlace.