X

Carballo por Etapas

Carballo por Etapas

Atún Calvo, pan de Carballo, patacas da nosa terra... os nosos mellores produtos estarán na ruta gastronómica Carballo por etapas os días 27, 28 e 29 de maio e 3, 4 e 5 de xuño en 20 locais hostaleiros do centro da localidade. Todas as primaveras, desde fai catro, o cheiro das mellores tapas invade Carballo. Por 1,5 euros poderedes gozar co sabor dos petiscos, pero tamén cos 940 premios directos que poderedes obter a través de ráscalos que recibirá o cliente con cada tapa: gorras, camisetas, tapas, botellas de viño e de vermú, packs de copas de viño...


Horario para probar as tapas: os venres de 20.00 a 22.00 horas e os sábados e domingos de 12.00 a 14.00 e de 20.00 a 22.00 horas

A ruta arrinca o venres 27 de maio ás 18.30 horas coa saída do tren turístico que percorrerá todos os locais participantes e que o leva facendo desde a primeira edición para que ninguén quede sen o seu petisco. Hai que lembrar que as tapas se servirán os venres de 20.00 a 22.00 horas e os sábados e domingos de 12.00 a 14.00 e de 20.00 a 22.00 horas. Ademais, a cita coincide co festival internacional de arte urbana Rexenera Fest, coa celebración da fase de ascenso do Balonmán Calvo Xiria e con outras moitas citas deportivas. Así que, se estades de visita por Carballo, non dubidedes en probar os nosos petiscos!

Arquivado en:

Gastronomía