X

Entrevista a Clarisa Couto, Concelleira de Cultura e Turismo, Deportes e Servicios Sociais de Coristanco

Entrevista a Clarisa Couto, Concelleira de Cultura e Turismo, Deportes e Servicios Sociais de Coristanco

Continuamos cas entrevistas aos concellos co Concello de Coristanco. O concello de Coristanco está situado ó oeste de Galicia e da provincia da Coruña. Limita polo norte cos concellos de Ponteceso e Carballo, polo leste, cos de Carballo e Tordoia, polo sur co concello de Santa Comba, e polo oeste, cos de Zas e Cabana. 

Hoxe amosámosvos o concello dende o punto de vista de Clarisa Couto Castro, Concelleira de cultura e Turismo, Deportes e Servizos Sociais. Deixámosvos as mellores respostas: 

Que sentimentos esperta para ti Costa da Morte? Que significa para ti?

Rexión costeira ligada a lendas e tradicións, chea de maxia e lugares con encanto, verdes paraxes e recunchos por descubrir.

Tres motivos para descubrila

  • Cultura e tradición
  • Gastronomía
  • Paisaxe

En qué época do ano che gusta máis Costa da Morte e por que?

Todas as épocas teñen o seu encanto, debido á vexetación e á costa calquer momento é bo para apreciar as distintas estacións.

Para os turistas que se animan a visitarvos fóra da tempada de verán, que experiencias non poden perderse?

O optimismo da primavera, a paisaxe que nos deixa o outono e a nostalxia do nadal pese a crudeza climática. 

Ademais do Refuxio de Verdes, que outros lugares ou experiencias non poden perderse?

Os sendeiros e paraxes naturais que hai polo concello, Ponte Lubiáns e Pontedona, a Lagoa de Alcaián, as Torres de Nogueira, os montes de Penavia e o conxunto megalítico do chan da embarrada.

Galicia en xeral, e Costa da Morte en particular, son sinónimo de boa comida, algunhas recomendacións de pratos típicos para descubrir Coristanco mediante o padal?

O cocido, a caza e calquera comida que leve pataca son pratos que se poden degustar no noso concello debido á boa calidad do producto.

Que vos contan os que vos visitan? Que é o que máis lles apaixona da súa estancia en Coristanco? E de Costa da Morte?

A intensidade dos verdes na vexetación e a tranquilidade e paz dos recunchos da Costa da Morte. 

As túas tres praias favoritas en Costa da Morte? Por que esas? E para os amantes do surf e outras actividades náutico-deportivas?

Razo, Baldaio e Beo. Sen dúbida a favorita para actividades de surf sería Razo no concello de Carballo. 

Para os amantes do sendeirismo... cal recomendas no teu concello? E cal é a túa preferida en Costa da Morte?

No noso municipio temos 3 rutas marcadas en Seavia, Oca e Verdes nas que se pode observar a vexetación e os ríos do concello e a tranquilidade da que falamos con anterioridade. Fóra do concello sen dúbida a Ruta dos Faros.

Que lugar cres que é o gran descoñecido en Costa da Morte pero que ten un gran interese ou potencial?

Os montes de Penavia e a Lagoa de Alcaián.

Onde atopamos a mellor posta de sol?

Dende a Igrexa de Oca apuntando a nosa vista cara Xaviña, dende Fisterra, a praia dos Cristais en Laxe parécenme os máis bonitos.

 

Arquivado en:

Entrevistas