X

Lonxa turística de Fisterra

Deseñada polos arquitectos Creus e Carrasco, e inaugurada en 2008, é un exemplo de convivencia entre as actividades pesqueiras e o turismo, xa que é a primeira lonxa turística de Galicia, xa que recibe os visitantes ao mesmo tempo que se realiza a tradicional poxa do peixe. Separa a zona habilitada para a poxa e demais traballos relacionados coa descarga, venda e preparación do peixe, doutro espazo con paneis informativos sobre as especies que se capturan na zona e unha exposición permanente cunha maqueta da costa.