X

Un documental sobre as mulleres do mar da Costa da Morte será financiado pola Deputación de A Coruña

Un documental sobre as mulleres do mar da Costa da Morte será financiado pola Deputación de A Coruña

As áreas de Cultura e Igualdade da Deputación da Coruña suman forzas para promover unha nova convocatoria que recoñecerá aqueles proxectos que contribúan á fomentar a igualdade desde o ámbito cultural. A nova iniciativa da Deputación da Coruña está destinada a premiar o desenvolvemento de dez propostas artísticas e iniciativas culturais anuais que promovan socialmente a igualdade de xénero desde o campo da cultura. O primeiro dos proxectos ten como protagonista ás mulleres da #CostadaMorte  e leva como titulo “As mulleres e o mar. Traballadoras invisibles na Costa da Morte”. O obxectivo xeral deste documental consiste en amosar coma o xénero inflúe na participación das mulleres nas actividades pesqueiras e como isto repercute na súa vida familiar, participación social ou na súa saúde. Seguindo  un estudo realizado pola facultade de Ciencias da Saúde da Universidade da Coruña, o documentario abordará a influencia das desigualdades de xénero nas ocupacións das mulleres que se adican a actividades pesqueiras na Costa da Morte. O proxecto conta cun apoio por parte do ente provincial de 16.000€.