X

Un grupo de representantes institucionais e do sector pesqueiro do FLAG Istarska Batana visitaron Camariñas para coñecer os proxectos promovidos polo concello.

Un grupo de representantes institucionais e do sector pesqueiro do FLAG Istarska Batana visitaron Camariñas para coñecer os proxectos promovidos polo concello.

Ao longo do día de onte, a expedición de representantes institucionais e do FLAG Istarska Batana achegáronse a Camariñas para coñecer os proxectos financiados polo GALP Costa da Morte: “Camariñas O Mar Todo”, "Museo MAN de Camelle" e "Praia do Ariño", visitaron tamén o futuro "Museo da Conserva" promovido por Industrias Cerdeimar. A recepción tivo lugar na sala xestionada pola Asociación de Empresarios Turísticos de Camariñas no faro vilán. Por parte do Concello de Camariñas estiveron presentes a tenente de alcaldía, Sandra Insua, o concelleiro Juan Carlos Canosa e o técnico Emilio González. Tamén foron acompañados pola presidenta da Confraría de Camariñas, Dores Bermúdez,e polo xerente de Industrias Cerdeimar, Andrés Cerdeiras. O grupo estivo acompañado polo xerente do GALP Costa da Morte Guillermo González.


Arquivado en:

Camariñas Novas