X

Agosto Cultural e Festivo 2022

18/07/2022 - 29/08/2022

Concello de Cee

Agosto Cultural e Festivo 2022

Mércores 3. Auditorio Baldomero Cores, 21.00 horas

Proxección das curtametraxes:

  • La sustituta
  • Me duele el bebé

Realizadas dentro do obradoiro de cinema O gato de Don Corleone, organizado polo Concello de Cee.

A maleta de Eva,

continucación da triloxía iniciada con O que tiras o mar, rodada baixo a dirección de Federico Alejandro Rioboó. 

Do 5 ó 8 de agosto, Música para todos!

Organiza: Asoc. Cult. Amigos da Banda.

Colaboran: Concello de Cee, Deputación de A Coruña e casas patrocinadoras

Venres 5. Praza da Constitución, 19.30 horas

Xi Memorial Manuel Rebollar

coa participación de:

Banda Escola - Música de Beade, 

Unión Musical de Meaño,

Banda de Música de Cee.

Sábado 6. Auditorio Baldomero Cores, 21.30 horas

Actuación da  Banda de Gaitas de Forcarei acompañada do grupo Sin Son Ghaiteiros.

Domingo 7. Auditorio Baldomero Cores, 21.30 horas

Concerto escenificado NOITE DE ZARZUELA a cargo da Banda de Cámara Arousa e Coral do Liceo de Vilagarcía. 

Unha selección dos fragmentos máis coñecidos da Zarzuela Española, cunha vistosísima posta en escea. 

Luns 8. Auditorio Baldomero Cores, 21.30 horas

A.C. Amigos do Acordeón das Rías Baixas

Concerto a cargo desta formación fundada hai máis de 15 años en Meaño.

Aforo limitado

Os días, 3, 4 e 5 de Agosto os socios poderán retirar as súas localidades, a partir das 11 horas da mañá ata ás 13 horas. 

As localidades restantes ata completar aforo, poñeranse á venda unha hora antes do comezo de cada actuación cun prezo de 10€ por función. Tamén se dispoñerá dun abono para días 6, 7 e 8 de agosto por un importe total de 20€.

Martes 9. Auditorio Baldomero Cores, 21.00 horas

Actuacións de: Grupo de gaitas e baile da A.R.C.E. Pedras Miúdas de Lires.

Grupo de gaitas da S.D.C.R. Cultural Fumes do Cal de Ameixenda.

Asoc. Cultural Terra de Sena de Cee e Asoc. Cultural Petaforte de Pereiriña.

Mércores 10. Auditorio Baldomero Cores, 21.00 horas

Actuacións de: Escola de Danza Breogán da S.D.C. de Brens.

Grupo de gaitas e pandereteiras de AA.VV. de Toba.

Grupo Mestura Folk de Brens.

Xoves 11. Praza da Constitución, 21.00 horas

Galicia Ilusiona chega a Cee con Lore Lavand.

Disfruta do mellor festival de maxia e ilusionismo o día 11 de agosto na Praza da Constitución. 

Esperámoste para encher Galicia de ilusión!

Venres 12. Auditorio Baldomero Cores, 21.00 horas

Certame de Habaneras coa participación das agrupacións:

Rondalla Estrelecer (Fene)

Le Choeur de LÍnmaculée (Costa de Marfil)

Coral Ppolifónica Costa da Morte.

Xoves 18. Auditorio da Casa de Cultura, 21.00 horas

Presentación da segunda entrega das aventuras de Saltarín, publicada por Turismo de Galicia:

"Via Saltarín, ata a fin da terra" a cargo de Guadalupe Vázquez.

Do 19 ao 24 de agosto

Á EsCEEna!

VIII Semana de Teatro e das Artes Escénicas do Concello de Cee

Bonos á venta na biblioteca:

  • Bono xeral (20€ polas 5 funcións no Auditorio).
  • Bono pensionistas, estudantes e desempregados (15€ polas 5 funcións no Auditorio).
  • Entrada individual:
    • xeral 7€
    • bonificada 5€ (mercaranse na taquilla o propio día de cada función 1 hora antes)

Todas as funcións comezarán ás 21.30 horas, salvo a do día 19, gratuita, que terá lugar na Praza da Constitución, se o tempo o permite, e dará comezo ás 20.30 horas.

Venres 19. Compañía Nelson Quinteiro

Pequeno cabaret infantil (TP)

Un orixinal espectáculo para público familiar que consiste na instalación dun vistoso teatrillo na praza a modo dunha barraca de feira ou de circo antigo.

Un espectáculo cun ritmo frenético, moita interacción co público, sorpresas, cancións, coreografías e un carácter mooi tenro e entrañable... Avalado por citas tan prestixiosas como o Festival Portamérica Feira Modernista de Cartaxena, ou o Festival NOSOLOCIRCO de Extremadura, etc.

Sábado 20. Fulano, Mengano e Citano

Top manta (+12 anos)

TOP MANTA, cóntanos unha serie de historias actuais, cercanas e sorprendentes, nas que o humos se funde co teatro para crear un "coctel" que nos fará estoupar coa risa.

Elenco artistico: Suso Pando, Jonathan Carmés e Manuel Pombal.

Domingo 21. Compañía de teatro Noite Bohemia

El acero de Madrid (+12 anos)

Comedia de enredos amorosos escrita por Lope de Vega en 1608 a cargo de la compañía coruñesa Noite Bohemia especializada en teatro clásico grecolatino e ganadora de numerosos premios a nivel nacional incluíndo o Premio Nacional de Teatro Grecolatino do Ministerio de Educación, o "Premio Buero" da Fundación Coca-Cola, ou o Certame de Teatro Xuvenil de Salamanca.

Luns 22. Volta e dalle teatro

Falar por falar (+12 anos)

Falar por Falar é o novo espectáculo teatral da compañía Volta e Dálle e nel un actor do medio rural (Víctor Mosqueira) e un dramaturgo da contorna urbana (Carlos Santiago) confrontan, en clave retranqueira, as súas vivencias e reflexións arredor da lingua galega. 

Elenco artístico: Carlos Santiago, Vísctor Mosqueira. 

Martes 23. Culturactiva producións

Conexión Pingüín (+12 anos)

Despois do éxito da anterior montaxe, Sénios (2018), Culturactiva Producións vovle convocar a Luis Iglesia e Marcos Orsi neste espectáculo cómico escrito por Jose Prieto.

Conexión Pingüín quere falar da incomunicación entre os seres humanos. Estamos na súpes era tecnolóxicam da conexión inmediata, da telecomunicación, mais nunca estivemos tan lonxe entre as persoas.

Elenco artístico: Luis Iglesia, Marcos Orsi

Mércores 24. Producións teatrais excéntricas

O porco de pé (+12 anos)

Baixo a dirección de Quico Cadaval, asistiremos á divertidísima sátira de Vicente Risco, a medio camiño entre o circo, o barración, os fantoches e o cabarete, nun espectáculo que ten hoxe mais vixecia que nunca. 

Elenco Artístico: Patricia Vázquez, Victor Mosqueira, Evaristo Calvo.

CICLO CULTURA NO CAMIÑO 2022

Do 25 ó 28 de agosto. Praza da Constitución, 20.30 horas

Xoves 25. Especialistas Hípica Celta (Cia. Circocido-Madrid)

Circo de rúa: Tom e Son

Espectáculo familiar multidisciplinar con circo, maxia cómica, acrobacias... Despois de percorrer con gran éxito toda a Península Ibérica, Oscar e Marta Amezcua chegan a Cee para facernos pasar unha tarde divertida.

Venres 26. Especialistas Hípica Celta (Cia, El NIÑO LÁPIZ-Salamanca)

Patruyasos

Dúas personaxes escéntricas, e clave de clown, crearán mundos de fantasía, risas, sorpresa, tenrura e forza. Puro xogo a través dunha linguaxe sinxela, transparente e directa. 

Sábado 27. Mago Noel

A maxia do verán

Enturiasta da maxia familiar. Noel Fandiño conta con mais de quince anos de experiencia ó frente de diferentes espectáculos, tanto en solitario como en diversas compañías. 

Domingo 28. ODAIKO

Verán Miúdo: a Elfa Marta

A Elfa Marta, é un espectáculo no que a única personaxe deste circo, amosaranos a súa tola maneira de ver a vida a través das técnicas do circo e acrobacia.  

Luns 29. Auditorio da Casa de Cultura, 21.00 horas

Tuéjele

Representación da comedia "A tenda esquina", do autor húngaro Miklós Lászlo, a cargo do grupo de teatro Tuéjele do I.E.S. Fernando Blanco. 

Exposicións na Casa da Cultura

Luns 18 xullo, 20.00 horas, inauguración Mar de Ardora de Ana García: do 18 ó 31 de xullo. Exposición de fotografías que teñen como base a publicación Mar de Ardora, editada polo Clúster de Turismo. 

Martes 2 de agosto, 20.00 horas, inauguración XV Exposición de pintura ó óleo Terra de Sena: do 2 ó 21 de agosto. Colección de óledos de diferentes temáticas.

Sábado 6 de agosto, 11.30 horas, inauguración Exposición de intura de Pedro Domingo: do 6 ó 21 de agosto. Retratos e paisaxes da Costa da Morte. 

Luns 22 de agosto, 20:00 horas, inauguración Acuarelas e Grafitos de Juan Jesús Lozano: do 22 de agosto ó 15 de setembro. Retratos e obxectos nos que a realidade ceense está moi presente. 

Luns 22 de agosto, 20.00 horas, inauguración de Nación Mar: Faros, Navíos e Cetáceos da Costa da Morte de Xosé Iglesias. Exposición de acuarelas do 22 de agosto ó 15 ded setembro. 

Volver atrás