X

Aventura

Coñecerás a nosa contorna gozando das túas afeccións ou descubrindo novas sensacións.

Ver Concello


BTT

Máis de 500 km de rutas de diferentes niveis pasando por paraxes espectaculares nunha contorna 100 % natural recomendado para os amantes da natureza e do deporte.� O cicloturismo é unha actividade que combina exercicio e turismo. Consiste en viaxar en bicicleta visitando os lugares que se atopan de paso.Faise por pracer, non por competición, polo que non se pode chegar a denominar como práctica deportiva.

Coastering e descensos

O coasteering, tamén coñecido como coastering, é un deporte de aventura que consiste en realizar un percorrido costeiro combinando sendeirismo, saltos de altura á auga, exploración de covas terrestres, mergullo, escalada de travesía, rápel e ponte de corda entre outras. Considerándose se unha modalidade do trekking.�

Parapente e Ala Delta

A Carballo chegan as e os amantes do deporte á procura dos nosos ventos. Na praia de Razo poderás ver sucar os ceos ás e aos afeccionados do parapente e do á delta. Tamén preto da praia de Leira practícase o parapente.

Rutas a cabalo

As rutas dacabalo forman unha parte importante do turismo rural e son unha forma preciosa de coñecer pobos e recunchos indispensables na Costa da Morte.Descubrirás que cabalgar á beira do mar, en contacto coa natureza e á beira do Atlántico, é unha experiencia fermosa e única que tambien poderás gozar no noso xeodestino.