X

Stoupa


Atopa e lévache os mellores produtos artesanais e artísticos da Costa da Morte.

 

Somos unha tenda-galería con pezas únicas realizadas por artistas e artesáns da nosa comarca, onde non só expoñemos e vendemos obras únicas, senón que tentamos ter un punto didáctico falando sempre do traballo que hai detrás de cada peza e o seu autor.

 

Categoría: Tenda especializada

Rango de prezos por persoa: 

10€-300€

Pago con efectivo e tarxeta

Martes a sábado 11-14h venres tamén de 17-20h

Artesanía de Galicia

Turismo familiar

Acéptanse mascotas

Accesible para persoas con mobilidade reducida

Fálase galego, castelán, inglés, alemán

Posibilidade de practicar surf nos seus arredores

Se ves, non te podes perder:

Coñecerán unha ampla representación de artesáns locais a través dos traballos expostos na nosa Galería. Pezas artesás que poderán usar a diario, expoñer na súa casa ou simplemente levar unha lembranza con entidade Costa da Morte. Coñecerán, non só ao autor da peza que escollan, tamén a técnica coa que se fixo.

- A través das nosas exposicións poderán coñecer as obras de artistas locais e levar unha das súas obras como recordo do seu paso pola nosa Comarca.

-Outra experiencia que non se poden perder en Stoupa é coñecer as cartografías de Pepe de Olegario, poderán así achegarse á historia dos naufraxios da nosa Costa e ampliar información coa oferta de libros sobre ese tema que ofrecemos aos nosos clientes.

A  noso espacio é unha experiencia que non se poden perder, porque coa axuda dos nosos productos facemos un percorrido pola historia e costumes Costa da Morte.


Stoupa