X

A CMAT apoia a sinerxia empresarial do sector turístico da Costa da Morte.

 A CMAT apoia a sinerxia empresarial do sector turístico da Costa da Morte.

Buceo Malpica propón unha visita de balde as Sisargas, o próximo domingo, para as empresas do sector turístico do xeodestino. A Cmat apoia as iniciativas que favorecen a cooperación entre empresas do sector turístico da Costa da Morte, a todas aquelas actividades que favorezan un mayor coñecemento e divulgación do patrimonio natural y cultural do  xeodestino. A concordancia entre as empresas do sector de cara a divulgar os recursos turísticos do destino, as actividades complementarias e as experiencias que se pueden disfrutar en todo o territorio é clave para ofrecer ósviaxeiros alternativas atractivas e de calidade.

Segundo Pablo Canosa, secretario da CMAT, as empresas turísticas son as mellores prescriptoras e embaixadoras das nosas riquezas, debendo manterse unha estreita conexión entre todos os profesionais. Si se fai un traballo de cooperación serio e consensuado; e promocións cruzadas entre os distintos axentes turísticos poderase mellorar a afluencia turística, o gasto medio diario e incluso a estancia media dos visitantes.

A primeira actividade que propón esta sinerxia e a desenvolvida por Buceo Malpica, e que vai dirixida a profesionais do sector turístico para dar a coñecer a experiencia das Illas Sisargas. Este domingo 20 de maio as 10 da mañá aproveitando o bo tempo e a tempa dabaixa , organizaran una viaxe, totalmente de balde, para as empresas da zona que teñan contemplada esa experiencia nos seus hoteis ,touroperadores ect. O percorrido terá como obxectivo mostrarlles as Sisargas e a súa potencialidade.

Todos os interesados en participar desta experiencia deberán facelo mediante previa inscripción no número de teléfono: 630677910. Dende a CMAT existe un apoio e promoción unánime a este tipo de iniciativas, felicitando o dinamismo demostrado polas empresas a hora de impulsar a Costa da Morte

Arquivado en:

Novas