X

Fam Trip "A Ruta dos Faros" GALP Costa da Morte.

 Fam Trip "A Ruta dos Faros" GALP Costa da Morte.

O GALP Costa da Morte convida o vindeiro luns 3 de decembro ás empresas de Mar Galaica, do seu ámbito de actuación así como a aquelas dos territorios limítrofes, a participar nunha xornada de familiarización da Ruta dos Faros de Galicia. Esta actividade encádrase nun proxecto de cooperación que involucra a tódolos GALP galegos buscando converter ao persoal dos establecementos do territorio nos principais prescriptores da Ruta dos Faros.

Para elo deseñouse un programa que contempla a visita a recursos fundamentais deste territorio complementándoas cunha xornada de traballo e unha sesión de networking que remata cun pincho de inspiración mariñeira. As persoas interesadas en participar poderán inscribirse cubrindo o cuestionario ao que se accede premendo na seguinte ligazón: http://bit.ly/FamTripsRutadosFaros. Tamén poderán facer uso do transporte público específico que fará paradas ás 8:00 en FEXDEGA, ás 8:20 na gasolineira da entrada de Rianxo e no concello de Muros ás 8:30.

Este evento contará cunha visita o Faro Vilán, o Secadoiro de Congro, o Santuario da Virxe da Barca, o Museo Man e farase a ruta da Mariscadora e a dos Naufraxios. O Rincón da Baiuca será o local encargado do pincho mariñeiro.

 

Arquivado en:

Novas