X

III Carreira Popular do Apostolo no Concello A Laracha

 III Carreira Popular do Apostolo no Concello A Laracha

A Asociación Adro de Vilaño, vai a polo terceiro ano de vida con máis forzas que nunca e con un obxectivo claro, que é superar as cifras de participación da edición anterior. Cabe recordar que foron 700 os participantes neste evento deportivo na edición do 2017, polo que esperan acercarce un pouco máis aos 1000 para seguir consolidando esta proba como un referente deportivo no propio concello e na Costa da Morte.

 

O evento desenvolverase de forma moi similar á edición anterior, sendo o punto de saída e chegada no Adro de Vilaño, donde a asociación organizadora ofrecerá un lote de servizos para os participantes: gardería para os nenos con monitores, gardarroupa, duchas, aparcamentos, fisioterapia e avituallamento líquido e sólido con pinchos finais. Os percorridos serán iguais ós do ano pasado, estando deseñados para tódolos públicos, desde nenos de 3 anos ata veteráns, habendo premios para todos eles. A distancia da proba absoluta será de 10 Km que transcurrirán por Vilaño e parte da Laracha.De forma paralela desenvolverase a Andaina saudable e solidaria por un circuito de 3,8 Km, que pretende conseguir fondos para os máis necesitados do propio Concello. A metade da recaudación será doada a Cáritas de A Laracha.

O evento será en horario de serán, dando comezo ás 17,50 h coas categorías escolares, as 19,00 h saída da proba absoluta e finaliza coa saída da Andaina planificada para as 19,05 h. As inscripción xa se poden facer efectivas na web oficial da FederaciónGalega de Atletismo (www.carreirasgalegas.com) ata o mércores 18 de xullo. Tamén se habilitarán puntos de información e inscripción presencial no Concello de A Laracha (departamento de deportes), Piscina Municipal de A Laracha e Cultiagro. A maiores, os menores de idade terán a posibilidade de deixar feita a inscripción nos propios centros de ensino do concello, aos que a entidade organizadora fará chegar información e fichas de inscripción. O prezo da inscripción é de 5 euros para os maiores de idade e gratis para os menores, tanto na carreira como na andaina. Coa inscripción, os participantes recibirán unha camiseta técnica conmemorativa do propio evento.

Arquivado en:

Novas