X

Visita da delegación do concello francés de La Turballe a Camariñas

 Visita da delegación do concello francés de La Turballe a Camariñas

Do 23 ao 28 de maio estará en Camariñas unha delegación do Concello francés de La Turballe. Preside esta delegación o alcalde de La Turballe Jean Pierre Blancherau e a presidenta Dominique Floc´h da asociación de irmandamento La Turballe Cap Camariñas. Dentro desta delegación tamén nos visitará unha embarcación que realiza o recorrido por mar ata o porto deportivo do Club Naútico do noso concello por primeira vez. 

A delegación ten un programa moi intenso xa que durante a súa estancia tamén se achegaran a coñecer a Costa da Morte. As actividades en Camariñas concentrase na fin de semana do 25 ao 27 de maio e ten como obxectivo facilitar o coñecemento mutuo das cidadanías e o tecido asociativo local e promover intercambios culturais, educativos, deportivos, turísticos, social e económico que afiance os lazos de amizade e cooperación. 

 

 Venres 25 de maio

8:30 Saúdo oficial ao grupo 

9:00 Saída do grupo para Costa da Morte. Visita guiada pola empresa local Vive a Costa da Morte 

10:00 Visitas ao tecido industrial de Camariñas para o grupo de representantes do concello La Turballe 

10:00 Visita a la empresa acuícola Stol Sea Farm 

11:00 Visita a la conservera Cerdeimar y su museo de la conserva 

16:00 Visita industria Gallego Pereira 

17:30 Visita Escola de Palillo e asociacións de palilleiras de Camariñas 

19:00 Visita e intercambio coa directiva do Club Naútico de Camariñas 

Sábado 26 de maio

08:30 Visita “Camiñando por Camariñas” guiada pola empresa local Vive a Costa da Morte 

11:00 Acto de recepción oficial do Pleno municipal na Casa Consistorial. Acto que pecharase cunha actuación do grupo folklórico de la Turballe e o Coro de Camariñas 

12:00 Visita ao punto de información sobre La Turballe na Biblioteca. Presentación da actividade o Berberecho Rebecho viaxa a La Turballe polos propios nenos que participaron. Intercambio de debuxos 

12:30 “Os sabores da nosa lingua” intercambio gastrocultural. Plaza del Mercado. Actividade de promoción da lingua e a cultura galega realizada en colaboración coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

17:00 Escola Baile Latino. Actuación fin curso na Casa de Pedra 

18:00 Visita guiada polas parroquias de Camariñas e ruta das mariscadoras. 

Domingo 27 de maio

09:30 Saída de la Carreira Oficial de bicicletas: “BTT de Camariñas” 

11:00 Saída do autobús para a festa Foxo dos Lobos dende a praza do Concello 

11:30 Foxo dos Lobos: recreación da batida del Foxo dos Lobos (participación do público e a delegación de La Turballe) 

13:30 Comida campestre e música da Turballe e Camariñas 

17:00h Actuación da Escola de Música de Camariñas na Casa de Pedra 

21:00h Cea de gala.

Arquivado en:

Novas