X

A CMAT celebrou unha reunión co sector de mergullo e de ocio naútico para a participación conxunta no proxecto WAOH! Route.

A CMAT celebrou unha reunión co sector de mergullo e de ocio naútico para a participación conxunta no proxecto WAOH! Route.

A CMAT celebrou onte unha reunión no salón de plenos do Concello de Fisterra con distintas empresas de mergullo e turismo naútico. A mesma tamén acudiron distintos representantes da Administración, os alcaldes de Laxe e Fisterra e a tenente alcalde de Corcubión e distintas asociacións da Costa da Morte.

O encontro servirá para unificar criterios e posturas entorno ao desenvolvemento do turismo naútico e de mergullo e a participación como xeodestino  na Wildsea  Atlantic  Ocean  Heritage  Route ( WAOH!  Route), na que Turismo de Galicia participa xunto ao Reino Unido, Irlanda e Portugal na percura dunha imaxe de marca “Atlantica”. Unha oportunidade que permite establecer sinerxias cos deportes náuticos, a  enogastronomía, o turismo mariñeiro e a rica arqueoloxía marítima da que é acreedora a Costa da Morte. Na reunión mantida hoxe sinalaronse as múltiples posibilidades que ofrecen as rías da Costa da Morte, podendo beneficiarse da practica deste deportes conforme as condicións climatolóxicas, durante a maior parte do ano e do enorme patrimonio subacuático que podemos encontrar en todas elas.

Esta iniciativa, promovida dende Turismo de Galicia, propón a elección de tres zonas por destino, na que se baralla a Ría Corcubión dentro de la Costa da Morte, e dende a CMAT pretendese ampliar esa zona a todo o xeodestino e buscando tres enclaves referenciales para a realización de actividades naúticas e de mergullo. Esta nova ruta permitirá a combinación de actividades náuticas como percorridos en kaiak, avistamiento de cetáceos ou mesmo actividades para descubrir o patrimonio marítimo formado por galeóns, mercantes ou pesqueiros sumerxidos en las profundidades, cuio coñecemento a través de actividades de turismo subacuático permitirá promover a súa conservación e protección como recurso cultural.  A WAOH!  Route atraerá un mercado en crecemento, especialmente no campo internacional e conta co apoio  da Unión Europea.


Arquivado en:

Novas