A CMAT convoca una mesa de traballo sectorial co obxectivo de incluir Costa da Morte na WAOH! Route.
A reunión realizarase con data Venres 27 de Abril de 11:00 A 13:00H no Salón de Plenos do Concello de Fisterra. O pasado martes 3 de abril, a CMAT participou na xornada de traballo do proxecto europeo “Wildsea Atlantic Ocean Heritage Route” (WAOH! Route), no que Turismo de Galicia é socio xunto a outras entidades europeas. O obxecto do proxecto é crear unha marca atlántica de turismo de mergullo sostible. Aínda que a actividade principal é o mergullo, tamén incluirán outras actividades náuticas e/ou realizadas no litoral (rutas en barco, surf, avistamento de cetáceos...).
Turismo de Galicia debe presentar 3 zonas, con 3 lugares de cada zona, para representar o territorio galego. A priori, a entidade establece: Mariña Lucense, Ría de Corcubión e Ría de Arousa. Aínda que ven difícil poder realizar grandes trocos na selección das zonas, deixan marxe para que os axentes implicados argumenten as zonas que consideran deben formar parte do proxecto. De feito, están abertos a recibir informes e argumentos, xa que queren que os axentes participen activamente.
Co obxecto de presentar a Costa da Morte como unha das zonas, desde a CMAT convócase unha MESA DE TRABALLO SECTORIAL CON CONCELLOS COSTEIROS, MUSEOS DO MAR, GALPS E EMPRESAS DE OCIO NÁUTICO, co fin de recoller información relevante sobre a oferta deste tipo de actividades e a calidade do litoral para practicalas ao longo de todo o ano (tomando este factor como referencia importante, xa que a marca ten que favorecer a desestacionalización da demanda).
Para facilitar a coordinación, a recopilación e o tratamento da información, a CMAT, achegará unhas fichas a cubrir por todos os axentes que ofrezan actividades náuticas con fins de ocio/recreativo, así coma aloxamentos turísticos (hoteis e casas de turismo rural) que estean próximas á costa e/ou ofrezan servizos especiais a turistas interesados no mergullo e ocio náutico.
Aqueles axentes interesados en participar activamente no proxecto, que terá unha duración de 2 anos, deberán confirmar a súa participación no enderezo electrónico: admincmat@visitacostadamorte.com, cubrindo as fichas correspondentes e incluíndo calquera documentación e información que consideren de relevancia para o posicionamento de Costa da Morte como destino de mergullo e turismo naútico.
Dende a axencia de turismo (CMAT) pregase a confirmación da súa participación no proxecto antes do día 4 de maio de 2018, así coma a confirmación de asistencia á reunión do día 27, antes do día 25 de Abril.