X

A CMAT e os alcaldes da Costa da Morte apoian a Asociación Camiño dos Faros na súa consolidación como ruta de gran percorrido

02/07/2019

A CMAT e os alcaldes da Costa da Morte apoian a Asociación Camiño dos Faros na súa consolidación como ruta de gran percorrido

A CMAT como ente xestor do xeodestino Costa de Morte, estivo presente o pasado venres 28 de xuño en Vimianzo nunha xuntanza da Asociación Camiño dos Faros que reuniu a todos os alcaldes dos concellos da Costa da Morte.

Nesta reunión, informouse da situación actual do proceso de homologación e presentouse o plan de limpeza nos concellos dos territorios por onde pasa o Camiño dos Faros.

Na xornada, explicouse os beneficios e implicacións que conleva a homologación do Camiño dos Faros para o territorios e para o turismo da Costa da Morte

A Xornada rematou cun compromiso por parte dos territorios implicados no Camiño dos Faros e na busca de solucións para a súa regulación e homologación.

A CMAT apoia este proxecto posto que comparte os seus obxectivos cos do seu Plan de Acción para o Turismo da Costa da Morte 2019-2021. O Camiño dos Faros é un dos produtos máis importantes e transversais do destino xa que conxuga patrimonio natural e cultural, así como material e inmaterial o que se identifica como unha oportunidade clara de desenvolvemento turístico para Costa da Morte.

Esta ruta comprende un total de 200 quilómetros divididos en 8 etapas que recorren a Costa da Morte dende Malpica a Fisterre polo borde do mar. Recentemente, o suplemento de viaxes do Washington Post levou na súa portada unha reportaxe sobre esta ruta de incalculable valor natural e paisaxístico.

 

Arquivado en:

Novas