X

A CMAT está presente en Fitur

A CMAT está presente en Fitur

Fitur é a Feira Internacional de Turismo que se celebra en Madrid do 19 ao 23 de Xaneiro de 2022.

Fitur é a primeira cita anual para os profesionais do turismo mundial e a feira líder para os mercados receptivos e emisores de Iberoamérica. Un foro único para promocionar as marcas, presentar novos produtos, coñecer as últimas tendencias e encher as axendas de contactos e perspectivas.

Este ano con motivo do Ano Santo Xacobeo, e tras a temática acordada por Turismo de Galicia do Xacobeo 2021-2022, a CMAT (Asociación de Turismo da Costa da Morte) estará presente en Fitur na caseta de Turismo de Galicia e contará coa colaboración do Concello de Cee e ca Asociación Solpor.

Na caseta de Turismo de Galicia, este venres 21 de xaneiro as 15:00h a CMAT presentará: "Costa da Morte, Naturalmente Salvaxe". Neste evento tamén participa o Concello de Cee coa presentación "Costa da Morte 2022-2023. Cee, Ano Xubilar" e a Asociación Solpor coa presentación "Solpor, o Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía".

Todos estes temas de presentación viran en torno ao tema seleccionado por Turismo de Galicia, Xacobeo 2021-2022, coincidindo co Ano Santo Xacobeo.

Non vos perdades estas presentacións tan interesantes! Estamos desexando coñecervos!

Arquivado en:

Novas