X

A CMAT estará presente na II Feira Nautica de Camariñas con catro stands e unha mesa redonda sobre turismo sostible.

A CMAT estará presente na II Feira Nautica de Camariñas con catro stands e unha mesa redonda sobre turismo sostible.

Este próximo fin de semana de 22, 23 e 24 de xuño, o mundo naútico terá o seu punto de encontro en Camariñas.A II Feira Náutica de Camariñas que se se inaugurará este próximo venres, 22 de xuño, ás 11,15 h. A CMAT colabora que organización do evento apostando por unha maior promoción deste tipo de actividades na Costa da Morte. Durante o mesmo a CMAT disporá de catro casetas con información e material turístico do xeodestino Costa da Morte, contando que indispensable colaboura dos concellos de Costa da Morte e outras entidades locais.

Ademais a CMAT organiza para o sábado, 23 de xuño, uns interesantes relatorios que finalizaran cunha mesa redonda que confluén nen eixo común: "As fortalezas e oportunidades do turismo sustentable na Costa da Morte". A CMAT, APTCM, GALP e o GDR, participarán nas mesmas, onde tamén se dará conta da riqueza do patrimonio subacuático na comarca da man de varios mergulladores profesionais de Mergullo Finisterre e Mergullo Malpica. Como prato forte destes relatorios a presentación do proxecto WAOH! Route por parte de Turismo de Galicia onde Costa da Morte perfilase como un dos mais importantes enclaves de turismo de mergullo na xeografía galega.
Durante este conclave, estamos a realizar unha exhaustiva consulta ao sector turístico do xeodestino, a través de reunións, entrevistas e enquisas, para detectar as suas principais necesidades, prioridades e a visión de futuro para o destino. O reflexo deste traballo de campo plasmarase no Plan de Acción de Turismo de Costa da Morte, que se atopa na suá fase final de redacción.

Ademáis atopámonos organizando un Programa Formativo para o Sector Turístico de Costa da Morte. Este programa estará enfocado a 4 liñas prioritarias: gastronomía quilómetro cero, inglés para hostalaría e turismo, interpretación e mercadotecnia do patrimonio natural e cultural, e fortalecemento do turismo activo, deportivo e de aventura.

Arquivado en:

Novas