X

A CMAT forma parte dunha mesa de traballo para definir o Plan de Turismo Enogastronómico de Galicia.

A CMAT forma parte dunha mesa de traballo para definir o Plan de Turismo Enogastronómico de Galicia.

A CMAT participou nunha mesa de traballo, celebrada onte, na Cofraría de pescadores de Fisterra e que tivo como esencia o debate sobre  o Plan de Turismo Enogastrico de Galicia que impulsa a Xunta de Galicia a través de Turismo de Galicia. A nosa Comunidade Autónoma conta cun enorme potencial neste eido: máis de 300 festas gastronómicas, 11 restaurantes Estrela Michelin, 37 Soles Repsol en 25 restaurantes e máis de 50 restaurantes que foron certificados no ano pasado coa “Q de Calidade Turística”, o que supón que un 18% dos establecementos de restauración de España, con este recoñecemento, son galegos.

Dende A CMAT pretendese impulsar este tipo de turismo xa que  o xeodestino “Costa da Morte” conta cunha serie de factores moi apropiados para disfrutar dun turismo gastronomico de calidade que ven dado polas materias primas de primeiro orde e unha revalorización dun sector en auxe. Ca participación neste tipo de mesas a CMAT pretende tomar relevancia dentro dun tipo de turismo desestacionalizado e no que a amplia oferta vai destinada a un publico moi maioritario.

No futuro Plan Estratéxico de Turismo Enogastronómico, terá cabida tanto a cociña de vangarda como a máis tradicional, impulsando ao mesmo tempo a competitividade do sector primario. Xunto á  CMAT tamén formaron parte da mesma:  a Asociacións de Mariscadoras do Río Anllos e Muxía Natural , Brigantia Viaxes, o Galp Costa da Morte, o GDR Costa da Morte e os restaurantes As Garzas e O Fragón.

Tamén estiveron como actores implicados no debate Marta Fernández, directora do Centro Superior de Hostalería de Galicia e Iñaki Gaztulmendi consultor da Organización Mundial do Turismo (OMT) que leva 20 anos traballando no sector turístico, dende o ámbito da xestión de destinos turísticos, a planificación estratéxica e o desenvolvimento de proxectos.

 

Arquivado en:

Novas