X

A CMAT inaugura as súas mesas de traballo na Casa da Cultura de Vimianzo.

A CMAT inaugura as súas mesas de traballo na Casa da Cultura de Vimianzo.

Durante a mañá de hoxe desenvolveuse a primeira das tres mesas de traballo que se teñen programado para este mes de maio por parte da CMAT (Costa da Morte Asociación de Turismo) para obter una resposta fidedigna por parte dos axentes implicados na redacción dun Plande Turismo para a Costa da Morte.

Na mesa sectorial que hoxe tivo lugar na Casa da Cultura de Vimianzo, participaron 9 representates de entidades públicas e 8 de entes privados pertencentes a os concellos de Muxía, Camariñas, Zas e Vimianzo. Tamén quixeron estar presentes coma entes supramunicipais o GDR e o GALP “Costa da Morte”.

Os alí presentes desenvolveron 4 dinámicas de grupo que servirán para clarificar ideas de cara á elaboración dun Plan de Acción Turística para o xeodestino “Costa da Morte”. A CMAT busca, con este tipo de accións, a unificación de criterios por parte dos representantes de entes públicos, privados e supramunicipais, do xeodestino, para o desenvolvemento dun plan común que poña en alza todos os valores positivos do entorno constituído polos 17 concellos.

Os próximos encontros propostos pola CMAT terán lugar o vindeiro día 15 de maio en Cee e o 28 do mesmo mes en Carballo, en horario de 11:00 a 13:30h. Dende a CMAT suliñamos que e moi importante sentar as bases do Plan de Turismo en consenso cos axentes locais, e que toda a información que se aporte neste tipo de interaccións será utilizada polo equipo redactor para o deseño dun plan conxunto, de todos e para todos.

Arquivado en:

Novas