X

A CMAT lamenta profundamente o pasamento do xornalista Jesús Trillo

A CMAT lamenta profundamente o pasamento do xornalista Jesús Trillo

A Xunta directiva da CMAT lamenta profundamente o pasamento de Xesús Trillo, xornalista e empresario turístico, durante anos delegado do Correo Galego en Costa da Morte. Impulsor da asociación Muxía Turismo Rural, destacar o seu compromiso con Costa da Morte, a súa gran profesionalidade e a súa contribución ao desenvolvemento socioeconómico do geodestino a traves do turismo.

Trillo puxo en marcha unha das primeiras casas rurais de Muxía tras o Prestige, Casa de Trillo e pertenceu así mesmo a distintas actividades deste ámbito, implicado na potenciación deste sector. Os seus restos están a ser velados no tanatorio A Xunqueira de Cee e o enterro será hoxe, ás 18.00 horas, en Coucieiro (Muxía). Desde a CMAT facemos extensivo a toda a familia noso máis sentido pésame e lamentamos a perdida dun dos grandes precursores do turismo en Costa da Morte.

Arquivado en:

Novas