X

A CMAT mantivo durante esta semana senllas reunións co GDR e o GALP Costa da Morte para a valoración de posibles colaboracións para este ano.

A CMAT mantivo durante esta semana senllas reunións co GDR e o GALP Costa da Morte para a valoración de posibles colaboracións para este ano.

Ao longo deste martes iniciáronse unha serie de reunións da Asociación de Turismo de Costa da Morte (CMAT) co GALP Costa da Morte e o GDR na sede deste último en Vimianzo. Ásmesmasacudiron os xerentes Guillermo González (GALP) e José Antonio Vila (GDR) e os respectivos presidentes de ambas as entidades Evaristo Lareo (GALP) e Manuel MuiñoEspasandín (GDR), que se entrevistaron durante a mañá con representantes da Xunta Directiva da CMAT.

O obxecto destes encontros era estudar e valorar posibles colaboraciónsao longo do exercicio 2018 para potenciar o aproveitamento de sinerxias e a optimización dos recursos, favorecendo a coordinación entre os diferentes axentes que traballan por un maior desenvolvemento socioeconómico do territorio e unhamaior promoción do xeodestino,

Tanto o GALP como o GDR consideran o turismo como unhaactividade determinante no seu ámbito territorial, que contribúe á diversificación das economías rurais e pesqueiras, manifestando ambas as asociacións o seu total respaldo á CMAT en proxectos de apoioaodesenvolvemento e á posta en valor do patrimonio natural e cultural.

Arquivado en:

Novas