A CMAT participa na reunión dos xeodestinos con Turismo de Galicia no Gaiás
Durante o día de onte celebrouse unha xuntanza cos representantes dos Xeodestinos da Comunidade galega na Sala Eisenman da Cidade da Cultura, Santiago de Compostela, convocada por Turismo de Galicia. Na mesma estiveron como representantes da CMAT o seu presidente Juan José Blanco e Pablo Canosa secretario da mesma.
O obxectivo, despois de recente creación da nova Consellería de Cultura e Turismo, era analizar a situación actual dos xeodestinos e seguir traballando na planificación, ordenación e fomento da actividade turística na nosa comunidade, na que os Xeodestinos teñen un importante papel que cumprir de cara á difusión e potenciación da mesma na comunidade galega.