A CMAT realiza unha enquisa para desenvolver o "Plan de Acción Turística".
A CMAT, coa asistencia técnica de C&S Consulting Services, estamos a realizar o Plan de Acción de Turismo da Costa da Morte para os próximos anos e necesitamos coñecer o seu punto de vista para que entre todos impulsemos a Costa da Morte como destino turístico.
Para iso, elaboramos unha enquisa online que ten coma obxectivo recoller as múltiples opinións sobre o sector turístico e o futuro da Costa da Morte. A data límite para a realización das enquisas é o martes 15 de maio. Para que os resultados da enquisa sexan o máis representativos posible, animámoslle a que comparta o enlace con outras empresas turísticas de Costa da Morte. Soamente se pode enviar unha enquisa por empresa, e soamente está dirixida a empresas do sector turístico."
Faga clic na seguinte ligazón para cubrir a enquisa: https://goo.gl/forms/WCzOYu7sTYxCW9hJ3