X

A CMAT xa ten unha nova Xunta Directiva tralo período de dous anos desde a constitución da vixente.

03/07/2019

A CMAT xa ten unha nova Xunta Directiva tralo período de dous anos desde a constitución da vixente.

A CMAT como ente xestor do xeodestino Costa de Morte, reuniuse este martes día 2 de xullo na Casa da Cultura de Vimianzo, co obxectivo de proceder ó cambio da Xunta Directiva, designada pola Asemblea Xeral e conformada por un mínimo de 5 persoas e un máximo de 7.

Trala votación da Asemblea Xeral, a nova Xunta Directiva da CMAT procede:

 

- Presidente: D. Santiago Toba, alcalde de Muxía.

- Vicepresidente: D. José Manuel López Varela, alcalde de A Laracha.

- Secretario: D. Pablo Canosa Quintáns, presidente de APTCM.

- Tesoureiro: Dª. Sandra Insua, alcaldesa de Camariñas.

- Vogal: Dª. Silvia Bouzas, secretaria de APTCM.

- Vogal: D. Xosé Luis García Carballido, alcalde de Ponteceso.

- Vogal: D. José Luis Pérez Añón, alcalde de Laxe.

 

D. Juan Blanco, alcalde de Mazaricos, despediuse da presidencia cunhas emotivas palabras e un gran recoñecemento do traballo realizado nos últimos anos, sobre todo das persoas que están detrás deste traballo de coordinación e promoción do xeodestino.

Con motivo da reunión, a Xunta Xeral tamén cumpriu outros puntos do día, coma a presentación das contas do exercicio 2018 e as actividades a desenvolver neste período 2019 grazas as axudas da Deputación da Coruña e as de Turismo de Galicia.

A nova Xunta Directiva da CMAT asumiu o seu compromiso de seguir traballando nas liñas estratéxicas do seu Plan de Acción para o Turismo da Costa da Morte 2019-2021 que cada vez teñen mais repercusión e impacto no turismo da zona.

Arquivado en:

Novas