X

A Concellería de Comercio, Hostalería e Turismo de Laxe presenta unha nova web de turismo.

A Concellería de Comercio, Hostalería e Turismo de Laxe presenta unha nova web de turismo.

Este martes 14 de agosto ás 12.00 horas presentarase a nova web de turismo de Laxe. Será nun acto público no Museo do Mar. Trátase dunha web actual, moderna e dinámica, especialmente pensada para cubrir as necesidades e expectativas das persoas que nos visitan. A imaxe, e o vídeo son as bases documentais principais, a través das cales coñecer os principais aspectos e recursos turísticos deste Municipio.Cabe destacar tamén unha nova opción, que permitirá que as persoas usuarias descargen directamente os folletos turísticos, desde un apartado abilitado ó efecto. A URL súmase ó dominio .gal e será compatible con distintos dispositivos móviles. Desde mañán día 14 estará dispoñible na dirección www.turismolaxe.gal.

A nova web de turismo permite avanzar un paso máis cara a profesionalización e promoción turística de Laxe sendo un escaparate fundamental para que o público acceda ós contidos, e polo tanto, acceda tamén aos  recursos e programacións. 

 

Arquivado en:

Novas