X

A cuarta edición do Rexenera Fest terá lugar do 23 de maio ao 3 de xuño.

A cuarta edición do Rexenera Fest terá lugar do 23 de maio ao 3 de xuño.

A cuarta edición do Rexenera Fest terá lugar do 23 de maio ao 3 de xuño de 2018: Cinco muralistas deixarán candansúa obra para este crecente museo ao aire libre, ademais de seminarios, masterclass, microconferencias, música en directo e un roteiro guiado. Nesta edición os artistas e as artistas convidadas son Lula Goce (Galiza), Bosoletti (Arxentina), Daniel Muñóz “SAN” (Cáceres), Milu Correch (Arxentina) e Doa (Galiza).

O proxecto pretende reunir cada ano o mellor da escena galega, estatal e internacional do mundo da arte urbana, para así facer da nosa vila un gran museo ao aire libre que irá medrando ano tras ano. O festival serve como unha xanela de Carballo aberta ao mundo, que sitúa no mapa a vila a través das súas rúas e favorece un turismo cultural diferente na zona urbana do concello.  

Rexenera Fest actúa en cada edición como un axente rehabilitador contra o feísmo urbanístico e utiliza as rúas como un espazo de diálogo e de expresión artística. Rexenerando espazos deteriorados, achegándolle valor engadido á paisaxe urbanística, dinamizando o tránsito peonil e expandindo os espazos de lecer nas zonas nas que se está a intervir. Durante unha semana, outro ano máis os/as artistas participantes estarán traballando en distintas localizacións, ás que os veciños, veciñas e visitantes poderán achegarse e apreciar a habilidade e todo o proceso artístico de cada obra.

 

Arquivado en:

Novas