X

A Deputación destina 169.000 euros á mellora das rúas nos núcleos de Ponteceso

A Deputación destina 169.000 euros á mellora das rúas nos núcleos de Ponteceso

A través do Plan Único, a institución provincial achega o 100% do custo para a realización da obra en diferente viais. A Deputación da Coruña financia con 169.590,59 euros a mellora das rúas nos núcleos de Ponteceso, Couto e Corme. A institución provincial achega o 100% do orzamento desta obra encadrada no Plan Único Adicional (POS+ 2017).

Os traballos de mellora en Ponteceso centraranse na Rúa Cruceiro onde se pretende a pavimentación con zahorra, grava con rega semiprofunda e aglomerado quente. Previamente realizarase a canalización dos servizos da rúa con tubo para pluviais, saneamento, abastecemento, alumeado, electricidade e telefonía, todos eles cos seus correspondentes pozos e arquetas. Complétase a actuación coa colocación de 30 pilonas para delimitación de espazos, 15 balizas para alumeado e o pintado de marcas nos viais.

No referente ás rúas do Couto, preténdese a mellora da capa de rodaxe do vial con aglomerado en quente previo bacheo de grava e tratamento asfáltico semiprofundo. Tamén se contempla o formigonado de bermas en ambas marxes de todo o treito e o repintado das marcas nos viais. En Corme, preténdese a continuación da pavimentación das rúas Real e Huertas. Os traballos centraranse na execución dun pavimento de formigón desactivado combinado con adoquín, unha solución semellante á existente nas rúas xa reformadas. Tamén se contempla a execución dunha rede de pluviais que permita separar estas da rede de fecais e a adaptación das arquetas e pozos das redes existentes.

Arquivado en:

Novas