X

A Deputación financia con 69.200 euros a actividade do ecomuseo do Forno do Forte

A Deputación financia con 69.200 euros a actividade do ecomuseo do Forno do Forte

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o alcalde de Maplica, Eduardo Parga Veiga, asinaron esta mañá na sede da institución provincial o convenio para o financiamento das actividades do ecomuseo do Forno do Forte durante o ano 2019.

A institución provincial achegará 69.200 euros euros ao municipio malpicán para cubrir o 100% dos gastos de mantemento, xestión e promoción do ecomuseo do Forno do Forte de Buño, co obxecto de garantir a valorización e mantemento do conxunto etnográfico

González Formoso subliñou que dende hai máis dunha década, a  Deputación da Coruña colabora co concello de Malpica de Bergantiños na posta en valor e difusión da olería tradicional de Buño, mostrando desde a vida cotiá dos artesáns ata todo o proceso de elaboración das pezas, nunhas instalacións que recuperan e conservan os elementos arquitectónicos propios dunha casa dedicada á olería.O presidente provincial destacou que, ademáis de financiar estas actividades, a Deputación da Coruña apoia tamén cada ano a celebración da Mostra de Olería de Buño, á que se destinaron 80.000 euros nos últimos anos.

Os visitantes do Forno do Forte teñen a oportunidade de coñecer en profundidade todo o proceso de produción de pezas, desde o torneado ao cocido ou o secado nun centro que contribúe a conservar e poñer en valor a cultura popular e é tamén un importante recurso turístico e etnográfico da comarca.

O acordo asinado hoxe polo entre González Formoso e Parga Veiga, renova o compromiso da Deputación co Forno do Forte. Entre as obrigas do Concello, atópase ofrecer un horario mínimo de atención ao público de 11.00 a 14.00 horas e de 16.00 horas a 19.00 horas, todos os días da semana a excepción do luns. Así mesmo, manterase a taberna ao servizo dos visitantes, cunha oferta baseada nos produtos tradicionais da zona, fomentarase o estudo e investigación en asociación con entidades oleiras e culturais da zona e facilitarase información turística e cultural sobre a Costa da Morte aos visitantes.

Arquivado en:

Novas