X

A Deputación investirá 1,1 millón de euros na creación dun itinerario peonil en Corcubión dende Quenxe ata o faro de Cee.

A Deputación investirá 1,1 millón de euros na creación dun itinerario peonil en Corcubión dende Quenxe ata o faro de Cee.

A comisión de Vías e Obras da Deputación da Coruña vén de aprobar por unanimidade o proxecto de ampliación, mellora de trazado e construción dunha senda peonil na DP 2801 de Corcubión a San Roque por Redonda.

O proxecto, que será refrendado definitivamente no pleno do vindeiro 29 de marzo, suporá un importante investimento de 1,1 millóns de euros, dos que 1.077.304,32 € corresponden ás obras e 66.335 € ás expropiacións necesarias para a execución das mesmas.

Os traballos comprenderán a ampliación da estrada ata os 7 metros de ancho (dous carrís de 3,5 metros), con arcén de medio metro e e unha senda peonil de 2 metros de ancho pola marxe esquerda da calzada, que discurrirá dende o punto quilométrico 0+780 (Quenxe) ao 2+554 bordeando a ría e prolongarase despois polo ramal que conduce ata o faro, pasando polo campo de fútbol. O ramal disporá dunha plataforma de 6 metros e senda de 2 metros de ancho.

Ademáis da ampliación da estrada e a creación da senda, as obras inclúen tamén a mellora do trazado en puntos coma unha curva á altura da praia da Cobiña e suporán “unha importante mellora da seguridade peonil nunha zona moi transitada polos veciños”, segundo apuntou o presidente da Deputación, Valentín González Formoso.

A senda dos faros conectaría toda a península

Este ambicioso proxecto podería completarse no futuro coa Senda dos Faros, un dos proxectos incluidos  do Plan Director de Mobilidade do Goberno provincial, actualmente pendente da adxudicación de fondos da UE para a construción de sendas ciclabes ou peonís que conectarán 11 faros da provincia, entre eles o de Cee, en funcionamento dende 1860. Este proxecto suporía a futura creación dun itinerario peonil que bordearía toda a península de Corcubión.

Arquivado en:

Novas