X

A Grande Orde Gastronómica da Costa da Morte renovou a súa directiva.

A Grande Orde Gastronómica da Costa da Morte renovou a súa directiva.

Nunha xuntanza desenvolvida en Vimianzo no día de onte a Gran Orde Gastronómica da Costa da Morte renovou a súa directiva.Como presidente foi elixido Manuel Antelo Pazos. Acompáñano na Directiva, Rosa Sánchez Martínez como Vicepresidenta, Julián Prieto Valdés, como secretario, Pepe Blanco Alborés, como tesoureiro, e Pablo Aller, Pepe Formoso e Manuel Mouzo como vogais. Como Presidente de honor foi elixido José M. Pato.

A nova directiva ten previsto traballar cunha filosofía de compromiso coa Costa da Morte, cos produtores e elaboradores, e coa saúde. Ten previsto desenvolver catro proxectos:

Cesta dos sabores de Costa da Morte. Trátase de identificar produtos e produtores da zona, incluíndo tamén as elaboracións de panaderías, carnicerías e industrias alimentarias.

Saberes da Costa da Morte. Receitas tradicionais e actuais, métodos de traballo, formas de recolecta, de cultivo, de conservación, utensilios, bibliografía.

Mercados da Costa da Morte. Espazos nos que se pode comprar a produción local e de tempada (feiras, mercados, prazas de abasto, tendas especializadas).

Fogóns da Costa da Morte. Identificación de restaurantes e cociñeiros/as que integran os produtos locais nas súas elaboracións e cartas.

Arquivado en:

Novas