X

A Laracha galardoada con tres bandeiras azuis

A Laracha galardoada con tres bandeiras azuis

Onte celebrouse na cidade da Coruña o acto de entrega das Bandeiras Azuis 2018. O alcalde, José Manuel López Varela, e o tenente alcalde, José Ramón Martínez Barbeito, asistiron en representación do Concello da Laracha e recolleron os tres galardóns concedidos por ADEAC:

- Bandeira Azul para a praia de Caión.
- Sendeiro Azul para o Sendeiro de Saldoiro.
- Centro Azul para o Centro de Interpretación dos Muíños de Auga da Costa da Morte de Golmar.

 


Arquivado en:

Novas