X

A Mostra do Encaixe de Camariñas 2018, presenta cartel, vídeo e protagonista.

A Mostra do Encaixe de Camariñas 2018,  presenta cartel, vídeo e protagonista.

A Deputación da Coruña acolleu hoxe a presentación da XXVIII edición da Mostra do Encaixe de Camariñas, que se celebrará entre os días 28 de marzo e 1 de abril de 2018. No acto participaron o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, o alcalde de Camariñas, Manuel Valeriano Alonso, a concelleira responsable de Promoción do Encaixe, Sandra Ínsua, e a actriz fisterrá Marta Lado. Esta última protagoniza o cartel e o vídeo promocional, que se proxectou hoxe por primeira vez na sede da institución provincial.

A presentación tamén contou coa presenza dunha delegación composta por unha trintena de palilleiras de Camariñas, que efectuaron unha demostración en vivo da súa arte. O presidente da Deputación agradeceu ás palilleiras que se desprazasen un ano máis ata a sede da institución provincial para “axudar a promocionar unha feira que é un emblema da nosa provincia” e pola súa labor que “mantén viva unha tradición única no mundo”.

 

Arquivado en:

Novas