X

A Semana Cultural inclúe dúas rutas para coñecer o patrimonio arqueolóxico de Zas

A Semana Cultural inclúe dúas rutas para coñecer o patrimonio arqueolóxico de Zas

Durante os próximos días haberá citas para todos os públicos en Zas como teatro, monólogos, exposicións, obradoiros… e dous roteiros a través dos cales coñecer a riqueza arqueolóxica do noso municipio. A primeria destas rutas será este martes, 31 de xullo. Acompañados dun guía, os participantes farán un percorrido por varios puntos do municipio de Zas que agochan distintos xacementos arqueolóxicos. A primeira parada será Pedra Vixía, onde se atopan os restos do dolmen da Pedra da Moura. Logo un autobús desprazará aos participantes ata a parroquia de Muíño, onde se atopa a Arca da Piosa; un dos monumentos megalíticos de maior recoñecemento de toda Galicia e que inspirou a Eduardo Pondal quen viu nesta anta a tumba de Brandomil, un dos seus míticos guerreiros celtas da antiga Galicia. Unha vez visitado o monumento megalítico e despois de coñecer parte da súa historia, os visitantes desprazaranse novamente en bus ata Brandomil para coñecer máis polo miúdo a ponte, o castro e os restos romanos que se atopan nesta vila. A saída será ás 15:30 horas dende o Centro Sociocultural de Zas e aconséllase levar calzado axeitado xa que se realizarán pequenas camiñatas.

Arquivado en:

Novas