X

A Senda dos Faros busca conectar 11 faros de Ferrolterra e Costa da Morte mediante 60 novos quilómetros de sendas ciclistas

A Senda dos Faros busca conectar 11 faros de Ferrolterra e Costa da Morte mediante 60 novos quilómetros de sendas ciclistas

A Deputación da Coruña vén de publicar na Plataforma de Contratación do Estado a licitación de un ambicioso proxecto para fomentar a mobilidade sustentable na provincia. En concreto, a institución provincial  destina 60.500 € para a elaboración do proxecto da Senda dos Faros, que conectará con sendas ciclistas 11 faros de Ferrolterra e Costa da Morte.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, sinalou que se trata de un proxecto estratéxicos incluidos no Plan Director de Mobilidade Ciclista elaborado polo goberno provincial co obxectivo de “fomentar unha mobilidade máis sustentable e respectuosa co medio ambiente”.

O obxectivo do goberno provincial é que os fondos europeos financien o 80% do investimento, mentres que a Deputación asumiría o 20% restante con fondos propios. Coa contratación deste proxecto, a Deputación pretende potenciar os faros  das comarcas de Ferrolterra e Costa da Morte e seu valor cultural, patrimonial e paisaxístico. Para elo, crearanse sendas ciclistas cun ancho aproximado de 2 metros que conecten os faros coas poboacións máis próximas, facilitando deste modo o acceso.

As sendas construiranse en 11 faros (Estaca de Bares, Cabo Ortegal, Punta Frouxeira, Punta Nariga, Cabo de Cee, Lariño, Punta Queixal, Laxe, Cabo Vilán, Fisterra e Caco Touriñán) , creando 59,6 quilómetros de novos itinerarios ciclabes. En total, o investimento previsto para executar este proxecto estímase en 5,1 millóns de euros.

A Deputación considera que este proxecto terá unha gran importancia para promover o turismo e diversificar a economía das poboacións costeiras nunha provincia que conta con 26 faros en funcionamento ao longo de 956 quilómetros de costa.

 

Arquivado en:

Novas