X

A terceira edición do concurso "A Laracha de tapas" celebrarase do 9 ao 11 de marzo.

A terceira edición do concurso "A Laracha de tapas" celebrarase do 9 ao 11 de marzo.

A Laracha de tapas volverá na fin de semana do venres 9 ao domingo 11 de marzo coa terceira edición deste certame que o Concello da Laracha organiza co obxectivo esencial de dinamizar o tecido comercial e hostaleiro do municipio, ademais de poñer e valor os produtos locais e o sector da restauración.  O Concello da Laracha realizou unha campaña para informar individualmente a todos os establecementos hostaleiros da capital municipal sobre a posibilidade de apuntarse e participar no evento. O prazo de inscrición rematará o mércores da semana que vén, día 28 de febreiro. Tal e como estipulan as bases do certame, cada establecemento participante presentará unha única tapa orixinal, deseñada especificamente para o concurso, que deberá ter a disposición do público ao prezo de 1 euro (consumición aparte) nos seguintes horarios: 

  • Venres 9: de 20:00 a 00:00 horas.
  • Sábado 10: de 11:30 a 15:00 horas e de 19:00 a 00:00 horas.
  • Domingo 11: de 11:30 a 15:00 horas.

 Todas as tapas terán un nome descritivo e serán elaboradas de xeito artesanal, incluíndo canda menos un produto galego autóctono de calidade.

Arquivado en:

Novas