X

Ábrese o prazo para presentar webseries ao 6º Carballo Interplay

Ábrese o prazo para presentar webseries ao 6º Carballo Interplay

A sexta edición do Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay, que se celebrará os días 3, 4, 5 e 6 de abril de 2019, abre a inscrición para que todas aquelas persoas que o desexen presenten as súas webseries ou proxectos de webserie á súa sección oficial, que repartirá máis de 5.000 euros en premios. Poden facelo dende hoxe mesmo e ata o 18 de febreiro a través da web www.carballointerplay.com, de xeito gratuíto.

As webseries participantes, que deben ser producidas entre os anos 2017 e 2019 e ter un mínimo de 3 capítulos emitidos no momento de inscrición, poden ser de calquera duración, temática, xénero, de imaxe real ou de animación, nacionais ou internacionais.

Entre as webseries recibidas, un xurado composto por profesionais do sector audiovisual e da cultura, así como de representantes de asociacións profesionais relacionadas co sector premiará a mellor webserie, a mellor webserie internacional e a mellor webserie en versión orixinal en galego con 800 euros e trofeo, para cada categoría. As escollas do xurado novo e máis do público levarán 400 euros e trofeo, cada unha. Tamén haberá un premio ao mellor guión e un premio á mellor dirección, dotados con 200 euros e trofeo. Finalmente, entregaranse cadanseu trofeo á mellor actriz e ao mellor actor.

Arquivado en:

Novas