X

Área recreativa de Gabenlle

A praia fluvial atópase en Gabenlle, parroquia de Torás, a 500 metros do centro urbano da capital municipal.

Esta zona de descanso, de gran riqueza natural, dispón de todos os servizos propios dunha área recreativa, como son os merenderos -coas súas mesas e bancos, cubertos e descubertos-, grellas, dous parques infantís, auga potable, aseos e servizo de recollida de lixo. As pasarelas peonís unen as dúas zonas da área, que están separadas polo curso do Río Anllóns.

É un espazo moi concorrido en épocas estivais e mesmo durante o resto do ano nos días asollados, xa que, ademais de utilizarse como merendero, presenta un gran atractivo para pasear á beira do río Anllóns ou descansar baixo a sombra das súas árbores. É un lugar ideal para ser visitado en familia.

Xunto a esta área nace o paseo fluvial, a beiras do río Anllóns. Esténdese desde Gabenlle ata Ou Formigueiro nunha lonxitude superior aos dous quilómetros e medio, ao longo dos que forma un dos carreiros con maior encanto da comarca de Bergantiños.

+información