X

As Torres do Allo abrirán o xoves 17 de maio Día das Letras Galegas

As Torres do Allo abrirán o xoves 17 de maio Día das Letras Galegas

Esta semana, o monumento máis visitado do Concello de Zas, recibirá a visita dos clubs de lectura do I.E.S. Fin do Camiño de Fisterra, o I.E.S. Agra de Raíces de Cee, e do I.E.S. Maximino Romero de Lema de Baio. Este último tamén visitará as Torres o vindeiro mércores cun grupo de 1º e 2º da ESO. Como parte do programa didáctico das Torres do Allo, que deu comezo a principios de mes, estudantes de toda a comarca achéganse ao pazo para coñecer a súa historia a través das visitas didácticas e gozar dun contorno bucólico participando nas actividades especiais deseñadas para eles.

Así mesmo, o xoves 17 de maio, con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, o Pazo do Allo permanecerá aberto ao público de 11:00 a 19:00 horas con visitas guiadas á 13:00 e ás 17:00 onde coñecer a historia de Vítor López-Seoane, morador do pazo, e importante galeguista que formou parte das reunións da Cova Céltica, xunto a Pondal, Murguía e Casanova, entres outros. Este grupo sería o impulsor da creación da Real Academia Galega. 

 

Arquivado en:

Novas