X

As Torres do Allo reciben aos Premios Fouciño coa proxección do filme “Historia dun Satélite”

As Torres do Allo reciben aos Premios Fouciño coa proxección do filme “Historia dun Satélite”

O día grande dos Premios Fouciño xa está á volta da esquina! Este sábado, Baio será un punto de referencia para o sector audiovisual galego e para a música alternativa. Pero antes temos que abrirlle as portas a esta terceira edición deste festival de cinema organizado polo Concello de Zas. Iso será mañá, venres, nas Torres do Allo a partir das 21:00 horas nun acto aberto a todo o público.

Neste escenario de luxo proxectarase “Historia dun satélite”; un filme surrealista dirixido polas irmáns xemelgas Sonia e Miriam Albert-Sobrino, coñecidas como Also Sisters. Ao remate da proxección, farase un coloquio coas directoras acompañado duns petiscos e viño. Ademais das directoras do filme, acudirán ao acto o Alcalde de Zas, Manuel Muíño; e o Concelleiro de Cultura, Manuel García Velo; xunto co grupo de mozas e mozos colaboradores na organización deste festival de cinema.

Arquivado en:

Novas